- 06/05/2024

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, revelou que a Xunta de Goberno local aprobou o expediente de contratación da obra de aglomerado da rúa Doutor Baldomero Beceiro, en Serantes, incluída no Plan Único de Obras e Servizos POS+2022.

Trátase dunha actuación que ata o momento non fora executada, a pesar de contar cunha achega provincial do 2022. Rey Varela recordou que en novembro do ano pasado a Deputación da Coruña concedeu unha prórroga do prazo de adxudicación dos investimentos pendentes incluídos no POS+2022 ata o 30 de novembro de 2024, entre os que se atopa este aglomerado.

Esta obra, que será sufragada integramente polo organismo provincial, ten un orzamento de 56.028,52 euros (21% IVE incluído) e un prazo de execución dun mes. Tras o visto bo da Xunta de Goberno, encoméndase agora ao departamento de Contratación municipal a súa licitación.